miércoles, 11 de marzo de 2009

POSIBLE ANULACION RALI DO COCIDO

Posible anulación do Rallye do Cocido


A escudería Lalín Deza organizadora do XV Rallye do Cocido despois de recibir a comunicación verbal de efectivos dos corpos de seguridade do Estado dispoñibles para a realización deste evento deportivo, expón:
1. Barállase a opción de non realizar o rallye debido aos problemas de inseguridade cidadá que puideran producirse
2. Amosamos a nosa incredulidade ante a falta de apoio da Garda Civil, que remite a esta escudería á realización do rallye con seguridade privada. Feito que non resulta factible polos seguintes motivos:
A empresas de seguridade privada néganse a prestar este servizo, xa que consideran que iso é competencia exclusiva da Garda Civill
En ningún momento eles poden realizar funcións de seguridade cidadá na vía publica; só poderían efectualo nun recinto privado
3. Tras poñernos en contacto coa subdelegación do Goberno, esta transmítelle á Comandancia da Garda Civil, as nosas peticións en canto a efectivos necesarios para garantir a seguridade cidadá da proba
4. Cabe salientar que non nos consta ningún impedimento por parte da Garda Civil de Tráfico, para prestar o servizo cos efectivos que lle foran solicitados
5. Ante esta situación a escudería Lalín-Deza vese incapacitada para solucionar calquera problema que puidese xurdir en relación á orde pública no XV Rallye do Cocido. Motivo abondo polo que esta Escudería se ve obrigada e presionada á posible anulación do rallye de non ser atendidos ou cubertos os mínimos de seguridade solicitados tanto á subdelegación do Goberno de como á Comandancia da Garda Civil.

1 comentario:

  1. Vaya pena. Ahora que teníamos la victoria en la punta de los dedos. Otra vez será, en la próxima ocasión seguro.

    ResponderEliminar